terça-feira, março 08, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!

Algunhas imaxes do acto de presentación da antoloxía "Dez anos na porta" que tivo lugar o pasado sábado 5 de marzo no Museo "Manuel Torres" de Marín, organizado por Queremos Galego, para celebrar o X Aniversario do espazo colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar. Unha sensacional tarde chea de poesía e amizade. Foi todo un pracer! Moitas grazas!

Nanda González (de Queremos Galego Marín) abre o acto

Na mesa: Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Fernando Miranda (presenta) e Miguel Alonso Diz

Imaxe do público asistente

Un intre na mesa de A Porta Verde

Intervención de José Daniel Costas Currás (Moaña)

Dani Costas recitando o seu poema

Josefa, poeta de Marín, convidada especial, que vitalidade!

Alba Méndez (Moaña)

Miguel Alonso Diz

Míriam Ferradáns (Bueu)

Alfonso Láuzara

Imaxe colectiva ao remate do acto

Outra imaxe colectiva ao remate do acto

A Porta Verde na prensa do Morrazo

segunda-feira, março 07, 2016

DEZ ANOS NA PORTA en Vigo!

Algunhas imaxes do acto de presentación de "Dez anos na porta" que se celebrou o pasado venres 4 de marzo na Libraría Cartabón, en Vigo. Unha entrañábel noite de poesía e amizade coa presenza de Ramón Nicolás e tamén de moit@s compañeir@s daqueles primeiros pasos destes dez anos de andaina poética do noso espazo colectivo.



 >> Alfonso Láuzara, Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


 Aspecto da libraría Cartabón


Alfonso Láuzara


Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


Intervención musical de Xurxo Nóvoa Martins


 Elvira Ribeiro Tobío


Manolo Pipas


Luís Viñas


Patricia Sánchez Abeal


Kiko Neves e a ollada atenta de Gonzalo da libraría


Imaxe colectiva ao remate do acto



>> Ramón Nicolás, Kiko Neves, Elvira Ribeiro,
Xurxo Nóvoa, Manolo Pipas, Miguel Alonso Diz,
Luís Viñas, Alfonso Láuzara, Rosanegra e Patricia Sánchez


terça-feira, março 01, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!





Presentación de "Dez anos na porta" no Museo Manuel Torres (Marín) o sábado 5 de marzo ás 19:00h. Antoloxía poética para celebrar o X Aniversario do noso espazo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. Coa participación de varios dos autores e das autoras do libro nun recital poético.
Un acto organizado por Queremos Galego Marín. Animádevos a vir!

"DEZ ANOS NA PORTA" de novo en Vigo!

Presentación do libro "Dez anos na porta"
o vindeiro venres 4 de marzo ás 20:00h.
na Libraría Cartabón (rúa Urzaiz, 125) en Vigo!




Presentación da Antoloxía de A Porta Verde do Sétimo Andar que contará coa presenza de Ramón Nicolás - autor do limiar e responsable desta antoloxía - xunto a Alfonso Láuzara e Miguel Alonso Diz. Haberá recitado de poemas da antoloxía a cargo de algúns dos e das poetas que participan na mesma. Como é costume, o espazo estará aberto á participación.
.