quinta-feira, outubro 24, 2013

"Un Feixe de Poesía na Porta", novo libro colectivo de A Porta Verde!

"Un Feixe de Poesía na Porta"
(caderno nº 17 dos Q de Vián)
Asoma pola porta verde en Lugo un feixe de poesía cunha ducia de voces moi interesantes que teñen luz de seu: Natalia Alonso, Inma Alonso, Lupe Bao, Cristina Corral, María Seoane, José Estévez, María José Fernández, Naír G. Abelleira, Ramón González, Xosé Iglesias, Toño Núñez e Lois Pérez. Un fermoso libro de poesía colectiva con soleira de Miguel A. Alonso Diz e promovido por iniciativa do compañeiro José Estévez na comarca de Lugo.
 


Este interesante libro colectivo de A Porta Verde en Lugo vai ser presentado nun recital poético-musical aberto, este sábado 26 de outubro (19 h.) no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Achégate por alí!

segunda-feira, outubro 21, 2013

A presentación de Noite~Día en Marín!

O compañeiro Alfonso Láuzara Martínez presentou o seu poemario "Noite~Día" o pasado venres 18 de outubro en Marín, no Museo Manuel Torres. O acto, organizado pola asociación Queremos Galego Marín, foi introducido por Nanda González Briones en representación da asociación, seguido dunha emotiva intervención de Miguel Ángel Alonso Diz por A Porta Verde, e finalmente as palabras do autor de Noite~Día que tamén ofreceu o recitado de boa parte dos poemas do libro. Sensacional acollida do público asistente! Grazas e parabéns! 

Cartaz do evento na entrada do Museo Manuel Torres

Alfonso Láuzara, con Sandra e Nanda, e coa Concelleira de Cultura do Concello de Marín (esquerda)

A mesa con todos os cadernos Q de Vián

Exemplares de "Noite~Día" sobre a mesa

Alfonso Láuzara

Nanda González Briones (entre Alfonso e Miguel) presentou o acto coas fermosas palabras de Teixeira de Pascoães: "A essência das coisas, essa verdade oculta na mentira, é de natureza poética e não científica. Aparece ao luar da inspiração e não à claridade fria da razão. Esta apenas descobre um simples jogo de forças repetido ou modificado lentamente, gestos insubstanciais, formas ocas, a casca de um fruto proibido. Mas o miolo é do poeta. Só ele saboreia a vida até ao mais íntimo do seu gosto amargoso, e se... embrenha nela até ao mais profundo das suas sensações e sentimentos. É o ser interior a tudo. Para ele, a realidade não é um conceito abstracto, ideia pura, imagem linear; é uma concepção essencial, imagem hipostasiada, possuída em alma e corpo, nupcialmente, dramaticamente, à São Paulo ou Shakespeare."
Alfonso Láuzara e Miguel A. Alonso Diz, quen fala

O forxador recitando "Eclipse"

Alfonso Láuzara Martínez

Público asistente

Público asistente

Alfonso Láuzara

Alfonso Láuzara recitando

O autor asinando exemplares do libro

Miguel A. Alonso Diz con Alfonso Láuzara

O terceiro tempo. Sensacional!

Faro de Vigo. Edición do Morrazo.
O día despois do "Noite~Día"

quinta-feira, outubro 10, 2013

"Un Feixe de Poesía na Porta", novo libro colectivo de A Porta Verde!

"Un Feixe de Poesía na Porta"
(caderno nº 17 dos Q de Vián)
Asoma pola porta verde en Lugo un feixe de poesía cunha ducia de voces moi interesantes que teñen luz de seu: Natalia Alonso, Inma Alonso, Lupe Bao, Cristina Corral, María Seoane, José Estévez, María José Fernández, Naír G. Abelleira, Ramón González, Xosé Iglesias, Toño Núñez e Lois Pérez. Un fermoso libro de poesía colectiva con soleira de Miguel A. Alonso Diz e promovido por iniciativa do compañeiro José Estévez na comarca de Lugo.


Este interesante libro colectivo de A Porta Verde en Lugo vai ser presentado nun recital poético-musical aberto o vindeiro 26 de outubro (19 h.) no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Achégate por alí!

quinta-feira, outubro 03, 2013

Poesía de Francisco Valeiras - "Quico" -



Temos o pracer de compartir hoxe no espazo sen límites de A Porta Verde unha pequena mostra da interesante poesía deste galego do Carballiño, Francisco Valeiras, "Quico", que nos envía os seus textos dende Alicante! Un pracer!





- nas trinta mil luces da cidade -
 
Encontro con Muriel

gusto de pasear entr´a xente
no antes de que falen
a piques do cheiro a vida
no ser cor da roupa e camiñantes que van
 
qu´agradecido de que non falen,
agora non!
palabras golpes
un intre
(o comezo)
alongado
 
entr´as follas que tamén se moven
hainos que pasan tan altos
qu´o seu xersei t´esmagaría
en dar no seu tacto, no das follas
nesas que semellan non entender a cidade

sen decidirse
agardando por un van gogh qu´as devolva
ós campos
ou qué sei
eu
 
pero xa non ficaba nelas
agora marcho coas pernas qu´as pisan
unhas, indiferentes
centro orbital dos meus oillos agora
que se cocen no escuro das súas medias,
Muriel?
a lasciva


(Francisco Valeiras)