sábado, julho 31, 2010

Agarimas os meus dedos
co teu espido corpo
que todo o abrangue
nesta atardecida de silencios….
no que buguinas celestes
constrúen a madrugada….

Os teus ollos tecen ao meu redor
símbolos que enchen de cor
o mar que calmo, agarda…
e un diminuto cangrexo debuxa
no meu sexo unha porta
de rizada ollada

os segundos non camiñan,
arrástranse…
e un peixe durmido
finxe estar morto nunha estrela
que nunca descansa.

Érguense promesas de maternidade
no teu ventre, a miña casa,
e as túas pernas asemellan ser
a mesma area fundida na auga.

Estou rendido, prendido, perdido…
mentres agarimas os meus dedos
co teu espido corpo
que todo o abrangue
nesta atardecida de silencios…

no que buguinas celestes
constrúen a madrugada.


Miguel Ángel Alonso Diz

2 comentários:

Z.A. Feitosa disse...

Obrigado! Deus o bendiga com muitos êxitos. Saudações e bênçãos. Z.A. Feitosa

Miguel Ángel Alonso Diz disse...

Muitas grazas amigo!!!, desculpa que tardara en contestar pero o trabalho tenme nunha carcere de dificil saída.