segunda-feira, fevereiro 22, 2010

Alí estabas, ou non?
como unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.

Alí estabas, ou non?
amosando as túas entrañas
con exquisita delicadeza.

Alí estabas, ou non?
afundindo os meu soños con saña
e con viril dureza.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos as cadeas,
que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres unha tormenta xurdía do meu peito
para acabar afogándose no meu escroto.

Alí estabas, ou non?
mentres eu recollía o corazón desfeito
para agochalo no meu peto roto.

E pensei:

quizais só son un onanista, un covarde,
unha sombra nunha cova, que arde
condenado a ser unha gris pedra sen nome

sen bágoas coas que alimentarse
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres as cadeas foron trepando
por riba de min como paxaros invisibles,
e eu non desconfiei
cando os meus ollos se pecharon.

Alí estabas, ou non?
Mentres me masturbába con reflexos sen vida,
estéril, inmóbil, como o horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres me torturaba diante de ti como un orfo,
un orfo de min (fría estatua enfraquecida).

E pensei:

Estou cheo de cadeas
que foron trepando por riba de min,
como paxaros invisibles,
e non desconfiei!
porque son o máis ananos dos ananos

E cando as mans trataron de andar
xa era tarde, inverno,
e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

Alí estabas, ou non?
mentres eu debullaba este momento
e recollía do chan os anacos
que transportaba o silencio.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos
as cadeas que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

E alí estabas, ou non?
mentres o tempo camiñaba os poucos,
case a tentas.

E alí estabas, ou non?
mentres eu suxeitaba ós soños
co fío das miñas veas...

e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

E pensei:

quero cravarme unha lanza nas costelas
quero sangrar!
ver saír a vida delas

a dor, doce golpe que esperta,
tan forte que a alma esquecida
chore polas cuncas baleiras
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.


Miguel Ángel Alonso Diz
Poemas deherdados

Sem comentários: