sábado, dezembro 26, 2009

Cruz Martínez

Poemas publicados na Revista Galega de Cultura " LÚA NOVA" Nº 51 Setembro 2009 editada pola A.C.G. Rosalía de Castro Cornellà (Barcelona)

sábado, dezembro 19, 2009

Liliana Celiz

:::O código que deron
e a invasión
quen lambe a porta aberta?
O ancho do murmurio
e quen somete
o leite que emanabas:::

:::Abriron das mans e cravaron
e do preciso ser da palabra
que berramos
deixábanse chorar as pobres bestas
os matinais aros da cor
e repartidos
derramáronse así, deixamento
e estabamos a soas
o ruído do sal que nos caía:::

:::Desde o puñal que evoco
o teu sorriso
el dorme
os contos que lle deste abren eco
o Robin Hood dobraba a nosa beira
morto
a mansedume que medraba corvos:::

:::Cando
deixa de morrer o home?
Agora que lle ladra o peito
fixo vir o seu sangue a detelo
traédeo do xasmín que emana
triste
da tristura habida en quen non fuches:::

domingo, dezembro 13, 2009

quinta-feira, dezembro 10, 2009

a festa do ultimo luns de mortos

a familia diaz castelao
que me abriu as suas casas
a memoria de enrique
a oaxaca non puiden chegar o dia de mortos como pensaba facer
mais que polo feito antropoloxico do seu sincretismo
por ser a data na que o movimento venceu a represion da pfp
hoxe un mes despois paso pola praza de xochimilco no norte da cidade
e hai moitos postos de comidas e moito ambiente e do panteon chegame
unha musica de banda que me sorprende e camiño cara ela
entro no camposanto e dentro están os metais e darredor deles
están unhas parellas cunha chela na man bailando coa musica
no pouco espacio que fica entre as sepulturas de ceramica ou terra
e outras persoas están sentadas nas tumbas comendo as suas tortillas
e hai familias que entran con sillas e comida e noutra esquina
un guitarrero e un acordeonista cantan cunha familia boleros e rancheras
mentres corre o mezcal e os refrescos e lanzan uns cohetes

dos braseritos sae o fume da casca da arbore do copal
e pregunto que festa é ésta e dinme que é o ultimo luns de mortos
e que se celebra neste panteon e no de s lucia
logo da gran festa dos mortos do 2 de novembro no panteon general
veñen os luns de mortos no camposanto do marquesado
e logo no de s juanito e agora neste de xochimilco absorvido pola cidade
a festa de mortos orixinaria era no veran e duraba mais dun mes

un señor algo tomado chama pola banda de metais
todo é unha festa da alegria de estar reunidxs coas persoas mortas queridas
pero nunha esquina hai bagoas nunha tumba con muitas flores
cecais unha morte recente unha posible nena ou unha morte traxica
e xa se fai de noite e so hai farolas no estreito paseo central
e chegando unha familia di unha rapaza si nos perdemos ya sabes
donde nos vemos en la tumba del abuelito

houbo algunhas mascaras da outra festa de mortos invasora recentemente
e hai algun fotografo e entre as tumbas camiña outra güera sorprendida
pero mellor non platico con ela e que escolla que informacion se leva
faiseme estraño non atopar a alguen coñecido do movimento
e sigo tomando notas para esta posible cronica
cada vez hai mais candeas acendidas e un solitario fala co seu morto
saio pola outra porta e entre o panteon e a igrexa xa retiran as mesas
de xantares mais formais e sigo camiñando e volto preguntar
e dime outro home que la fiesta sigue ahora
en el panteon de s felipe toda la noche
e arriba por veces a lua é coberta polas escuras nubes
que so nos deixaron unhas calidas pingas

no chamado camposanto
segue a festa de mortos e vivas
e duas nenas ficaron
cos seus dragonciños de papel

xochimilco 30-11-09
Manolo Pipas

domingo, dezembro 06, 2009

sábado, dezembro 05, 2009

quarta-feira, dezembro 02, 2009

lila


dubídache algunha vez?. eu non
ti de ti, si?
ti roubáchesme, soubéchelo
e sabias que algo de min morría en ti
para non espertar xamais
xamais
ti roubáchesme pois algo de min esta morto
só e baleiro
atravesado por esta dor
mal prestada polo tempo
déixame as túas mans para lavarme
fálame para aforrarme as palabras
para convencerte de que algo de min esta morto
e pensa comigo que dincho todo
o que non fun capaz
o meu silencio tamén
tódolos meus bos pensamentos
e tampouco abondou
tan fácil como confundir
o corpo cunha embarcación
tan sinxelo dicir que si
tan difícil como esquecer
o son dos pensamentos
preguntar por alguén cando non esta
deitarse indefenso
para convidarme a saír de min mesmo
antes de intercambiar a carne
por unha promesa que adquirín
antes de nacer
unha lectura anterior a ser lida
a urxencia de facer as cousas
antes de facelas
para descubrir que non estamos seguros
dubídache algunha vez
de que eu só quería confesarche
que os soños teñen o color do alivio.
unha promesa imposíbel de cumprir.

Enrique Leirachá