quarta-feira, novembro 26, 2008

Recital: O clube dos poetas vivos e A porta verde do sétimo andar no UF

Foto de grupo. De esquerda a dereita: Servando Barreiro Fernández, Alberte Momán, rosanegra,Alfonso Láuzara, José Manuel Barbosa, Mariola Soutelo, Artur Alonso, Cruz Martínez, Concha Rousía coa súa filla e Enrique Leirachá.

Foi o sábado, 22 de novembro.


O pracer acadou dimensións perfectas na rúa Pracer... no Café Uf...
As emocións reflectíronse nos interiores, coma náiades mergulladas nun río entre carballos, fortes, rexos... e a palabra, palpitou enriba do pentagrama dunha cantarea.

Texto: Cruz Martínez
































.........................Fotografías: Azucena Carrera

domingo, novembro 23, 2008

UN

Non soubemos apreciar a beleza
da catástrofe
en branco e negro
como no cine clásico.
Tódolos días, á hora de xantar
tocaba sopa de bágoas con fideos
que se nos foron atragantando como alfinetes
miúdos
de saber que hai veces nas que un perde o que é seu
pola ignorancia consciente doutros.
Non puidemos entender a beleza
dos cormoráns plastificados
mortos de esforzo e de frío e de veleno
nin a esvaradía suor das sepias nas caras descompostas dos homes
nin a estraña cacofonía dos ventos terra adentro que se levaban os berros de todos
máis alá de poder ser oídos.
Estaremos sempre condenados a gardar o loito
porque non soubemos nin comprendimos
a beleza do negro sobre o mar.
Non entendimos nada.
Esa foi a nosa condena.
As máscaras.
O peso futil das palabras.
As promesas des-PRESTIGE-iadas.

Mariola Soutelo

(Rememorando a traxedia do Prestige)

sexta-feira, novembro 21, 2008

Instantâneas

(alguns fragmentos)

Uma terça-feira de chuva - uma terça-feira de chuva e vento - uma terça-feira de chuva vento e sol - uma terça-feira sem sol e vento - uma terça-feira pela noite - pela manhã - pela tarde - vemo-nos - caminhamos - uma terça-feira - depois do almoço - numa terça-feira nublado - depois que as crianças saem da escola - numa terça-feira - todas as terças feiras - numa tarde - vemo-nos - caminhamos.
...............................Um bezerro bale ao cheirar o sangue das suas colegas. Volta a cabeça que escapa por momentos ao homem que sustem. Olha o horizonte, não encontra algo em que se deter. Continua cheirando o sangue, suas pernas traseiras tremem, dançam, dobram-se.
Ramón Peralta
Colaboración dende México.

segunda-feira, novembro 17, 2008

EUXA , Residencia

Pretenden ser o Mariña Dooor no ocaso da vida e acaban sendo a antesala do cemiterio.
Dende fóra todo semella perfecto e cando entras a parte de cheirar a morte, ules o abandono, a explotación laboral e o desinterés. Zumban nas paredes case asépticas as verbas da dirección:
"Nove minutos,nove...son suficientes", máis tempo no aseo ou coidado dun maior é un sacrilexio, ineficacia,improdutivo...e pechan as mentes e abren os petos que pesan como lousas cheas de cartos e podres de malicia.
Os minutos xa son eternos neste Centro Xerontolóxico.
¡¡Mariña Dooor cidade de vacacións!!

rosanegra

quinta-feira, novembro 06, 2008

CAIXA INACESSÍVEL

O olhar alonga-se na areia
envolvido na água
__________________

Caule apertado no inverno
lugar de princípio
apaga-se o frio

josé vicente

terça-feira, novembro 04, 2008

Unha ducia de razóns (A PROPÓSITO)

“Apresurar a noite, e facela negra
e caer así eu tamén no esquecemento”.


A meu pai, o home máis sabio que coñezo e podo coñecer

Non o fixen por mal.
Nin por mal nin por ben.
Só sei que foi a propósito.
Realmente quería pechar os ollos
ata a negrura inclemente.

Quería pechar os ollos
e espesar as pálpebras;
facer as pestanas caer
como a persiana fai -¡ras!- cada noite;
como fago eu.

Intencionado si que foi.
Aferrei, aferrei con forza os dentes
incluso ata sentilos ruxir,
romper, escangallárseme dentro da boca;
parir anacos, torceduras de lingua morta.

Ana Valín