terça-feira, julho 29, 2008

Chegará a treboada - AMARAL


Dixéronme que volviches por fin ao teu fogar
Que viches na túa viaxe por terras de lonxe?

Caín entre a brétema dunha ducia de montañas
Vagando por seis autoestradas cortadas
No medio de sete bosques calados
Perdido nas costas de negros océanos
Subín a dez mil millas cara un camposanto

E chegará, chegará, chegará,
chegará a treboada
Que anuncia o ceo

Dixéronme que volviches por fin ao teu fogar
Que oíches na túa viaxe por terras de lonxe?

O ruído dun trebón preludio do medo
A última onda ao final dos tempos
Tambores soando na liña de fogo
E tantos murmurios que non escoita ninguén
Oín gargalladas e laios de fame
A triste canción do poeta na rúa
A voz dun paiaso cuberto de sangue

E chegará, chegará, chegará,
chegará a treboada
Que anuncia o ceo

Dixéronme que volviches por fin ao teu fogar
E que farás agora que a viaxe remata?

Volver antes da chuvia de estrelas
Ao máis profundo do descoñecido
Onde hai multitudes sen nada nas mans
Alí onde o sol secou os ríos
Onde es escravo ou un pobre fuxitivo
Que viu os ollos dun home sen rostro
Onde todas as almas foron esquecidas
Onde negra é a cor e o número non existe
Berrarei ata que quede gravado no vento
E a miña voz se reflicta dende esta montaña
Aínda que teña que andar enriba das augas
Ata que esta chamada sexa escoitada

E chegará, chegará, chegará,
chegará a treboada
Que anuncia o ceo
E chegará, chegará, chegará,
chegará a treboada
Que anuncia o ceo
.
(Versión ao galego de Alfonso Láuzara)

2 comentários:

d´Agolada disse...

Encántame esta canción, e moi fermos aínda que nunca escoitara a versión galega. Saúdos

Anónimo disse...

Moitas grazas, amigo blogueiro, pola túa visita e polo teu comentario. Amaral é un grupo moi interesante, si, e coido que está ben universalizar o galego na mistura recíproca con outras culturas, non cres?
Por certo... botei unha ollada no teu blog, moi interesante tamén, e vin esa historia do intercambio de post. Nós somos un colectivo e non encaixamos moi ben nun intercambio netamente persoal, mais semella unha boa idea. Daquela, debes saber que se desexas publicar algo no blog de A Porta Verde, aceptamos encantados algunha colaboración. Aquí estamos pois! Un saúdo cordial.
- Alfonso -