domingo, fevereiro 10, 2008

A bruxa das Ghalanas I

É de mañanciña... quizabes sexa luns ou martes, o que non importa o máis mínimo. Pero como todos os días hai que ir á misa, suponse... que para estar a ben con Deus.
As Ghalanas están moi ben situadas. A beira da capela de San Antón por onde pasa o río da Pontexoán. Alí atópanse os muíños, que dan nome ao lugar. Tamén hai unha casiña que queda preto do mosteiro.
A garda civil chega á aldea, na procura da muller que aldraxara cunha mentira a un señor de Soutomaior ou da Cañiza, militar ou navegante. Foi presa e levada o cuartel, descubríndoa axeonllada e debaixo dúas cruces de caravaca que foron as que delataron a verdade.
A cabalo é un percorrido longo e duro pero tranquilo. Seica na parroquia de Armenteira hai unha bruxa que soluciona todos os males. A viaxe cansa o corpo e o tempo pasa demasiado rápido chegando xa a noite. – Non vos podo atender agora bos viaxeiros, agardade ata mañá e seredes compracidos. Polo que o señor vai durmir a unha pensión e eu debo quedar no alpendre cos cabalos. Mais a noite é moi fría pasándoa nun alpendre e hai que quentarse na lareira da cociña, xa que os pobres ósos coa friaxe están ríxidos e aínda teño maniotas que me incomodan. O reloxo toca ás doce da noite e escoito ruídos na cheminea, agóchome á présa. Entón podo ver como pola gramalleira (onde colgan os potes para facer a comida) sae un gato negro...
rosanegra

Sem comentários: