sexta-feira, maio 04, 2007

minus bálido

Hai tanta luz que non podemos ver
Tantos alimentos que non hai gañas de comer
Tantas cores resprandecentes que pechamos os ollos
Hai tanta música nos nosos petos e armarios
Que se transforma nun ruído insoportable
E comezamos a odiar as cantigas e as ortigas
Hai tanto peixe nas lonxas que apodrece
Tanta ilusión de todos os días
Que xa non queremos ir a disneylandia
Tanto refresco tanto xelado
Que nos estamos abrasando
Existen tantas expectativas que nos estamos durmindo
A golpes de tantos tranquilizantes
Que temos os nervios fora de situación
Por tanto infinito nadal sen neve nin xeo
Hai tantas viaxes cotiáns e lonxevas
Que desexamos non saír de casa
Mirando polas ventás os avións que surcan o ceo
Hai tanto cancro tanta primavera
Que estamos atorados de alerxias e quimioterapia
Hai tanta saudade tanta boa vontade
Vaiamos raudos ao centro comercial
A botala para fora!Hai tantas ofertas e tanta abundancia
Que non podemos seguir unha liña nin un réxime
Tanta data de caducidade
Que non damos abastoHai tanto onde elexir
Que non nos decidimos
Que cervexa tomar no bar
Hai tantas guerras no mundo
Que non sabemos a que canal pasar
Onde boten anuncios
Para poder protestar
Pola publicidade que inunda
Este mundo global
Hai tanta luz que non podemos ver
Hai tanta luz que non podemos mirar.

Sem comentários: