segunda-feira, maio 07, 2007

Diego de Giráldez e a súa realidade

(Espida no espazo,1992 )

Poema dedicado á obra de Diego de Giráldez
3-5-07

Esferas transparentes danzan
pezas invisíbeis nun espazo sombrío
.............................................misterioso
Namentres uns ollos mergúllanse
.....................................cara a dentro
e unha ringleira de troques
transitan ocos de nostalxia
..................pendurados dos cadros
Os corpos en decúbito supino
traspasan barreiras inimaxinábeis
Furan a certeza máis absoluta
..............................................NAS
Unha xouba en vertical
comparece na coreografía dos
.....................................elementos
No entanto, as galiñas vermellas
peteiran a realidade nos lenzos

Cruz Martínez Vilas













......O pasado sábado, a Cañiza brillou coa luz da Arte. A pintura de Diego de Giráldez refulxía vida e poesía, na Casa-Museo que alí inauguraba a xenial exposición dun artista con letras maiúsculas.

.....Diego de Giráldez respira Realismo NAS (naturalismo- abstracción- surrealismo). Creando realidades pictóricas que moldea nun espazo ingrávido para ficar quedas no tempo, ollando dende os cadros expresa a eternidade dunha figura xa inmortalizada como é un gran pintor universal.
rosanegra

Sem comentários: