terça-feira, abril 17, 2007

Dereitos humanos


Dereitos humanos,
Unha bomba estoupa nunha praza de Sarajevo.
Dereitos humanos,
Catorce mortos,cinco deles rapaces que xogaban.
Dereitos humanos,
Danos colaterais.
Dereitos humanos,
O espectáculo da guerra en vivo
No Golfo Pérsico,
Manipulación da información.
Dereitos humanos,
Desvío de fondos á contra nicaraguana,
NAPALM para Vietnam.
Dereitos humanos,
Bloqueo á illa encantada,
Estándar Oil,Fruit Company e Texaco.
Dereitos humanos,
Os homes de Harrelson desembarcan en Panamá.
Dereitos humanos,
Aquí tamén os hai,
Acinamento nas prisións e dispersión,
GAL e Batallón Vasco Español.
Dereitos humanos,
Na prensa a nova doutra muller morta polo seu macho,
Carroñeiros do sensacionalismo,
Porque chamalo violencia doméstica
Sendo asasinato.
Dereitos humanos,
Ataque racista en El Ejido,
Quince magrebís son deportados ao seu país.
Morte dun soño,denuncias de malos tratos.
Berros no deserto.
Tele maratón polos dereitos humanos,
Vendemos compaixón
E lavamos as mans.


O cabalo do malo

Sem comentários: