segunda-feira, abril 17, 2006

Repichoka

Foto: A gata na xanela de Cruz Martínez

Imos celebrar unha repichoka poética canda os nosos amigos da Cova dos Ratos o vindeiro día 21 no seu local coa intención de rememorar aquelas antigas reunións no mesmo emplazamento, e onde algúns dos componentes da actual portaverde se coñeceron e compartiron palabras por vez primeira.

O recital é aberto a quen queira subir e acompañarnos coas palabras e a esperanza, estará con nós Manolo Pipas, compa entrañable agora coa alma en Oaxaca.

¿A qué hora? Ás 21:30
¿Enderezo? Romil 3, Baixo.
Agardámosvos.

Sem comentários: